A falta de vento obriga a suspender a primeira xornada da Liga de Inverno J80

A primeira xornada da Liga de Inverno J80 do Monte Real Club de Yates de Baiona prevista para este sábado, quedou suspendida por falta de vento. Os veleiros saíron á auga, o comité deu saída a unha primeira proba, pero o vento desapareceu e a manga anulouse na segunda cinguida. Tras máis dunha hora esperando a que volvese entrar o vento (que finalmente non fixo aparición) e cumprido xa o tempo límite para dar saídas, o comité de regata decidiu suspender a xornada. Así as cousas, a Liga de Inverno J80 comezará a puntuar dentro de 15 días, na segunda xornada do programa, que será a primeira puntuable.

Anuncios