Esta fin de semana remataron as ligas galegas de bolos celta nas súas tres divisións. En primeira división proclamouse campión o club de bolos Belesar Urgal, por diante de Medialdea e Peitieiros. Descenden a segunda división os clubs Santiago de Parada e Sobreiro. En segunda división o campión foi o club Estivada, que xuntamente co club Camos ascenden a primeira. Descenden de categoría os clubs San Roque e Forcadela. En terceira o campión foi o club Belesar Urgal B, que xunto ao club San Cibrán B ascenden a segunda. A vindeira fin de semana celebraranse en Camos as fases finais dos campionatos galegos por parellas e individual de primeira e segunda categoría.


