Sin categoría

Lucenza organiza unha charla sobre as tradicións do solsticio e do San Xoán

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha charla-coloquio que leva por título “No limiar do solsticio: ritos, mitos e crenzas do ciclo de maio e San Xoán”, que será impartida polo antropólogo Rafael Quintía Pereira.

Rafael Quintía é investigador, profesor e escritor. O seu traballo está moi centrado nos ámbitos da antropoloxía, a historia e o patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Autor de numerosísimos traballos e libros, así como de audiovisuais documentais, é presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.

O conferenciante será presentado polo presidente do Ateneo de Nigrán, Xabier Méndez.