A parroquia gondomareña de Mañufe celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Antonio e Corpus. A programación prevista arrancará o venres 7 de xuño a partir das 23:00 horas coa Noite da Xuventude, con Ganxx, DJ Sombrero e LUxKOxALA.
O sábado día 8 ás 12:30 do mediodía celebrarase unha Misa na honra de San Antonio, seguida de procesión acompañada por Os Romanteleiros, que ofrecerán un concerto ao finalizar. Ás 17:30 horas terán lugar as grandes “poxas” na honra de San Antonio, e a partir das 23:00 horas, comezará a gran verbena a cargo da Banda de La Banda de Ayer e Marbella. Ás 00:00 horas iniciarase a confección das alfombras florais.
O domingo 9 de xuño ás 11:30 da mañá a Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un recital. Ás 13:00 horas comezará a Misa de Corpus cantada polo Coro San Vicente de Mañufe, seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 17:00 horas terán lugar as grandes cucañas e ás 21:00 horas, o concerto do grupo “Abóbriga” pechará as festas.
Haberá cantina para comer e beber os tres días de festexos.

