Este venres 7 de xuño celébrase en Baiona a Solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús. Na Igrexa Conventual das Nais Dominicas, haberá Misa ás 9:00 da mañá. Ás 17:00 horas terá lugar a Exposición do Santísimo e Adoración segundo as quendas de vela. Ás 19:30 horas comezará a Novena e ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial, coa posterior saída da tradicional procesión polas rúas do casco histórico acompañada pola Banda de Música de Baiona.
Baiona celebra a Solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús

