David Pintos e Diego Camesella, do club Peitieiros, campións galegos de bolos celta por parellas

Hoxe xogáronse as finais dos campionatos galegos de bolos celta por parellas de primeira e segunda categoría.

En primeira, campións galegos, David Pintos e Diego Camesella de bolos Peitieiros. Subcampións, José M. Torres e Roberto Paz de bolos San Cibrán. Terceiros, Manuel Mo e Vicente Mo de bolos Estivada. Cuartos, Abraham Rodríguez e Diego Pérez de bolos Sobreiro.

En segunda, campións, Adrián Álvarez e Ismael Fernández de bolos San Cibrán. Segundos, Jairo Martínez e Cristian Levedenski de bolos Santiago de Parada. Terceiros, Óscar Martínez e Daniel Álvarez de bolos Baredo. Cuartos, Santos Prado e Salvador Prado de bolos Gondomar.