Esta fin de semana o Club Patinaxe Artística Gondomar participou no VI Trofeo Internacional Salvaterra Milenaria, celebrado no Pavillón municipal Cándido Carrera de Salvaterra do Miño. O club gondomareño consegue o ouro nas cinco modalidades nas que participa: grupo pequeno e grande promocional, cuarteto júnior, sénior e show júnior.
Púidose gozar dunha fin de semana chea de patinaxe de alto nivel, no que as gondomareñas destacaban pola súa enerxía e velocidade en pista, shows cheos de traxicomedia acompañados da esencia do técnico David Figueroa e a preparadora física María Nombela, que presenciaron dirixindo aos deportistas durante todas as xornadas.





