Sin categoría

A Garda Civil recibe a 350 alumnos na Comandancia cunha exhibición de medios

Durante o curso escolar 2023-2024 solicitáronse máis de 800 charlas relacionadas co Plan Director nos Centros de Ensino situados na demarcación da Comandancia da Garda Civil na provincia de Pontevedra, dirixidas a alumnos, profesorado e pais. As charlas abarcan temas como a Seguridade Viaria, prevención de riscos derivados do consumo de drogas e alcol, acoso escolar, violencia sobre a muller, entre outras.

Dentro das actividades do Plan Director, esta mañá visitaron as instalacións da Comandancia 350 alumnos do Colexio Plurilingüe Santiago Apóstolo de Soutomaior, do CEIP Riomaior de Vilaboa, do CEIP Lourido de Poio e do Colexio San José de Pontevedra.

Os alumnos puideron comprobar as capacidades de distintas unidades da Garda Civil nesta provincia, como Subsector de Tráfico, Seprona, USECIC, Equipo Pegaso (dron), laboratorio de criminalística de Policía Xudicial, Seguridade Cidadá, GEDEX (Grupo especial de desactivación de explosivos), e os cans Marea e Bosco, ambos os dous detectores de drogas pertencentes ao Servizo Cinolóxico, que realizaron un pequeno simulacro de detección dunha suposta droga.