Sin categoría

Gondomar converterase durante tres días na capital mundial das aves

Gondomar converterase por uns días na capital mundial das aves, coa celebración da primeira edición do “Universal FAUNA Congress”, que achegará á Vila Condal a relatores e participantes procedentes de toda España, Europa e incluso América. O congreso comezará o venres 31 ás 18:00 horas no Centro Neural (Edificio da Policía Local), onde terá lugar unha mesa redonda na que participarán o veterinario Antonio Folch e o presidente de SOHEVA, Txema López, e que xirará en torno á Lei 7/2023 e como afecta á tenencia de mascotas en domicilios particulares.

O Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda acollerá o amplo programa de charlas deste congreso. O sábado de 9:00 a 12:00 horas haberá diferentes coloquios a cargo de Sarah Ausseil, Nika Leben, Beate Pfau, Didier Leportois e Tony Wigley sobre temas como a educación medio ambiental en centros de ensinanza, as particularidades da lexislación eslovena, a cría e mantemento de réptiles e anfibios, a actualidade da campaña contra o antiespecismo en Francia ou curiosidades sobre a terrariofilia.

Tras unha pausa, ás 13:00 horas terá lugar unha interesante charla en torno á lexislación actual e a nova lei de benestar animal, na que intervirán Antonio Folch, veterinario e membro de FAUNA, Jose Ramón Becerra, como representante da Dirección Xeral dos Dereitos do Animais do Goberno de España, e Mercedes Núñez, da Dirección Xeral de Política Comercial.

A xornada da tarde comezará ás 16:00 horas con catro interesantes charlas a cargo da Asociación Koi, na que Manuel Ratia e Edu Romanos falarán sobre acuariofília. O seguinte relatorio correrá a cargo de Carlos Ramoa, que como representante da Confederación de Ornitoloxía Mundial falará sobre Caniricultura, a súa cría, selección e conservación. Txema López de SOHEVA e FARDATXO falará sobre o uso de microhábitats e o benestar animal e o exemplo das tartarugas de caixa americanas. Para rematar este bloque de relatorios Elia Viades da “Psittacus Foundation” ofrecerá unha charla sobre o vínculo entre humanos e animais.

A tarde do sábado arrancará cunha entrevista en directo a cargo de Cristina Seguí, Álex Lachhein, e Natalia Corbalán para “Hoguera de Chamanes”. Acto seguido será a quenda de Jose Ignacio Pérez de ACESUR sobre Falcóns Deportivos e de Carreiras. O peche da xornada do sábado correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, que explicará como Gondomar se está a converter na capital internacional da cría e tenencia responsable de animais.

A última xornada, o domingo, comezará ás 09:00 horas cunha das actividades máis espectaculares deste congreso, a exhibición e voo libre de Pistácidas (Guacamayos) que terá lugar no Campo de Fútbol Municipal de As Gaiandas. Unha vez rematada esta exhibición, en torno ás 10:30 horas, se retomarán as charlas que nesta xornada correrán a cargo do veterinario Juan Pascual, que falará sobre a importancia dunha dieta omnívora. Pola súa parte, Xavier Viader presentará a Iniciativa FAUNISTA con motivo do Día Internacional do Faunismo.

Para rematar este congreso presentarase unha Declaración Universal Conxunta. O fin de festa tras a clausura oficial correrá a cargo do Grupo Ardelume. O alcalde Paco Ferreira aproveitou a presentación do evento “para invitar a toda a cidadanía a asistir a este congreso” e se felicitou de que “Gondomar se converta na capital mundial da tenencia responsable de animais”.