Nigrán ofrece o seu primeiro campamento de Semana Santa

O Concello de Nigrán, tal e como fai no Nadal e no verán, ofrece agora por vez primeira un campamento de Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral das familias, xa que os nenos teñen vacacións escolares. O campamento, organizado desde o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, está destinado a nenos e nenas empadroados no municipio con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo no CEIP Humberto Juanes, de 9:00 a 14:30 horas.

É totalmente gratuíto e se ofertan 60 prazas. O período de solicitude comeza o día 26 de febreiro e finaliza o día 1 de marzo. Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web http://www.nigran.es/Taboleiro de Anuncios/Anuncios. Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.