A empresa Certifix, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza este domingo 26 de maio o I Motor Show Benéfico no aparcadoiro municipal da Ramallosa a favor das asociacións Discamino e Alento. O obxectivo é recadar fondos para estas asociacións que tanto fan polos afectados por parálise cerebral. O evento, que se celebrará entre as 12:30 e as 19:30 horas, consistirá nunha exposición de coches clásicos, drift, xaponeses, americanos, rally, tuning, deportivos etc. Tamén haberá comida, rifas, e moitas máis sorpresas.
I Motor Show Benéfico na Ramallosa

