O Hotel Bahía de Baiona acolle esta fin de semana o XIX Campionato Galego final de liga de dardos electrónicos nas máquinas presas con distintas categorías e un nutrido grupo de xogadores chegados de toda Galicia con máis de 300 participantes. A competición comezará ás 11:00 da mañá, o sábado para a modalidade individual e o domingo para parellas. Participarán as categorías elite, primeira pro, primeira, segunda pro, segunda e feminino.
Baiona acolle o Campionato Galego de dardos electrónicos


