Sin categoría

Éxito rotundo en Nigrán na presentación de “Aposiopese” no Día Mundial das Abellas

A Biblioteca Municipal de Nigrán foi o escenario dun evento memorable no Día Mundial das Abellas coa presentación do libro “APOSIOPESE” de Soledad García. A escritora, acompañada pola música en directo do violinista Leo Castro Casabella, conseguiu encher a biblioteca cun público entusiasta.

O evento destacou pola variedade de actividades. Suso Muñoz, experto en apicultura, ofreceu un relatorio informativo sobre o ciclo de vida das abellas raíñas e a súa importancia para os ecosistemas. Soledad García, presentada pola escritora Nanda Misa, deleitou ás e os asistentes cun recital de poesía emotivo, resaltando a elexía ao seu pai presente en “APOSIOPESE”.

O público desfrutou de xogos e unha cata de meles locais xunto a ferramentas apícolas e de albanelería, combinando aprendizaxe e degustación, demostrando así o gran interese que suscita a obra de Soledad García e a importancia de eventos que combinan cultura e conciencia ambiental.