Sin categoría

Intervidos en Portugal e España máis de 1.000 quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumes

Axentes da Policía Nacional, nunha operación conxunta con Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Policía Judiciária de Portugal, interviñeron máis de 1.000 quilos de cocaína en Portugal e España. Foron detidas tres persoas en territorio portugués e a investigación continúa aberta en España onde continúa a investigación. O estupefaciente, procedente de Sudamérica, foi interceptado en dous envíos, unha partida que se ocultaba no interior de envases de zumes e outra no interior de melóns.

A investigación iniciouse por parte da Policía Judiciária de Portugal nos últimos meses, tras ter coñecemento da existencia dunha organización que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de Sudamérica. As pescudas realizadas permitiron a intervención, o porto luso de Sines, dun cargamento de 535 quilos de cocaína que viña oculta no interior de envases de zumes.

A investigación permitiu detectar que a organización criminal utilizaba eficaces métodos de ocultación da substancia estupefaciente para introducila en territorio europeo e, que á súa vez, podería estar a utilizar portos españois para as súas operacións.

Coas informacións achegadas polas autoridades portuguesas, axentes da Policía Nacional e de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, iniciaron as investigacións en territorio español para detectar as actividades da organización no noso país. Desta maneira, detectouse que podería atoparse en marcha outro envío do estupefaciente con destino a un porto galego.

Melóns sen pulpa recheos de cocaína

A investigación permitiu detectar en Vigo un contedor de froita, procedente de Brasil, que podería estar relacionado coa organización. Tras a súa localización e inspección, localizouse no interior un total de 21 palets de melóns sen pulpa, previamente baleirados pola organización e que foran enchidos pola organización con bolsas esféricas de goma que contiñan un total de 490 quilos de cocaína. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.