Sin categoría

Alumnos do CEIP Fontes-Baíña visitan Baiona

Os escolares do CEIP Fontes-Baíña realizaron unha visita a Baiona coa colaboración do Concello a través da Concellería de Educación. Os alumnos de Educación Infantil visitaron a Biblioteca Municipal, mentres os alumnos de 1º e 2º de Primaria visitaron a Réplica da Carabela Pinta e a continuación o Museo Casa da Navegación.

O alumnado de 5º de Primaria realizou unha visita ao Concello de Baiona, onde puideron coñecer as distintas estancias do edificio municipal acompañados pola Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, para despois ser recibidos no Salón de Plenos polo Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, ao que lle fixeron preguntas sobre as actividades que realizaba no consistorio.

A continuación, tamén visitaron a Réplica da Carabela Pinta e o Museo Casa da Navegación. “No Concello de Baiona nos enorgullece abrir as nosas portas aos nosos escolares e contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía informada e participativa. Agradecemos a visita e reafirmamos o noso compromiso co ámbito educativo en beneficio da nosa comunidade”, sinalan desde o goberno local.