Talaso Atlántico e o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra crearon unha alianza para impulsar eventos e charlas vinculadas coa saúde e dirixidas á poboación xeral. Talaso Atlántico conta xa cunha área médica dirixida por Salvador Ramos, é organizador do curso de Oncoloxía Integrativa da Universidade de Santiago de Compostela e leva anos desenvolvendo encontros de entrada libre na súa Escola da Saúde.
O convenio, asinado polo presidente do colexio pontevedrés, Isidro Lago, e o director comercial de Talaso Atlántico, Miguel González; inclúe tamén tarifas especiais para os colexiados co fin, ademais, de que os profesionais da medicina coñezan de primeira man os beneficios da talasoterapia para o benestar das persoas.

