O Club Deportivo Vincios, co patrocinio da Comunidade de Montes de Vincios e a colaboración do Concello de Gondomar, Asociación de Veciños O Galiñeiro, ANPA Sta. Mariña, AlwaysTM, Agua Sana e Coperfi, organiza o venres 17 de maio no campo de fútbol da Pasaxe a Festa do Deporte de Vincios. A xornada comezará cunha Carreira Popular de 6 km ás 16:30 horas e unha Mini Carreira de 3 km ás 17:00 horas. Finalmente, tamén ás 17:00 horas, comezará o XXX Cros Escolar Sta. Mariña.
As inscricións poden formalizarse ata o mércores 15 de maio no correo electrónico manolovincios@gmail.com, facilitando o nome, apelidos, DNI e data de nacemento. As inscricións para a Carreira Popular e a Mini Carreira teñen un prezo de 5 euros, mentres que para o XXX Cros Escolar Sta. Mariña serán gratuítas. Máis información no teléfono 699 670 085 (Manolo).
O pago das inscricións nas Carreiras de 6 e 3 km. farase ao recoller o dorsal antes da saída. Para os socios e socias do CD Vincios, da Asociación de Veciños e Comuneiros e familia, as probas serán gratuítas. Ao remate das probas recibirán unha botella de auga e un vale de bocata.
As categorías participantes e o orde das probas e horario será o seguinte:
- 17:00 – CADETES Femininos / Masculinos (20089 – 2010) 3000 mts.
- 17:30 – INFANTÍS FEMININOS (2011 – 2012) 1500 mts.
- 17:45 – INFANTÍS MASCULINOS (2011 – 2012) 1500 mts.
- 18:00 – ALEVÍNS FEMININOS (2013 – 2014) 1100 mts.
- 18:10 – ALEVÍNS MASCULINOS (2013 – 2014) 1100 mts.
- 18:20 – BENXAMÍNS FEMININOS (2015– 2016) 750 mts.
- 18:30 – BENXAMÍNS MASCULINOS (2015– 2016) 750 mts.
- 18:40 – PRE-BENXAMÍNS FEMININOS (2017 – 2018) 400 mts.
- 18:50 – PRE-BENXAMÍNS MASCULINOS (2017 – 2018) 400 mts.
- 19:00 – PITUFOS FEMININOS “A” (2019) 160 mts.
- 19:10 – PITUFOS MASCULINOS “A” (2019) 160 mts.
- 19:20 – PITUFOS FEMININOS “B” (2020-21-…) 120 mts.
- 19:30 – PITUFOS MASCULINOS “B” (2020-21-…) 120 mts.
Haberá premio para todos os participantes e os tres primeiros recibirán a medalla e o trofeo ao remate de cada proba. No recinto deportivo estarán dispoñibles vestiarios con duchas de auga quente e baños.

