A asociación O Carme de Baiona continúa celebrando todos os venres os seus bingos semanais. Son sempre ás 22:00 horas no Liceo Marítimo de Baiona. Xa preparan máis sorpresas para o día da nai, coa colaboración de varios negocios que levan apoiando o traballo da asociación todo o ano. Ademais, deron luz verde á restauración da imaxe da Virxe do Carme para que estea a tempo para a procesión deste ano.
O Carme Baiona celebra como cada venres o seu bingo semanal no Liceo

