Sin categoría

Conduce de forma temeraria e sen permiso, choca contra un garda civil e dáse a fuga

O pasado mércores, 8 de maio, unha patrulla pertencente ao Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Porriño, que circulaba pola estrada PO-400 (Salvaterra – Filgueira), á altura de Ponteareas, observa un turismo que circula de forma temeraria causando unha situación de perigo para os demais usuarios da vía, ao efectuar adiantamentos en zona prohibida, a gran velocidade, entre eles a un camión de grandes dimensións nunha curva con visibilidade reducida, obrigando aos demais usuarios da vía a apartarse da súa traxectoria para evitar unha colisión.

A patrulla emprende a marcha coas motocicletas oficiais para tratar de identificar o condutor e evitar que continúe circulando, facendo o detido caso omiso aos sinais de alto.

Proséguese seguimento do vehículo por varias vías e localidades próximas e na EP5104, á altura de Covelo, intercéptaselle, nese momento realiza unha manobra brusca e súbita de xiro e freada cara á súa esquerda, cortando a traxectoria dunha das motocicletas oficiais contra a que choca e abandona o turismo nun lateral da estrada, proseguindo a fuga a pé monte a través. O Garda Civil condutor da motocicleta, sufriu diversas lesións de consideración polas que tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Actívase un dispositivo de procura con patrullas do Destacamento de Tráfico de Porriño coordinados con patrullas de Seguridade Cidadá pertencentes á Compañía de Tui, ata que se logra localizar e deter ao condutor do vehículo, resultado ser un veciño da localidade de Marín de 42 anos de idade, con múltiples antecedentes policiais. Por estes feitos, o GIAT (Grupo de Investigación da Agrupación de Tráfico do Subsector de Pontevedra) instrúen dilixencias polos delitos de atentado aos axentes da Autoridade con resultado de lesións graves, contra a seguridade do tráfico por condución temeraria e conducir con perda total de puntos.

O detido xunto coas dilixencias instruídas foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Ponteareas.