O Centro Sociocomunitario de Baiona inicia a próxima semana un curso de comunicación oral. A actividade, que se desenvolverá os luns 13, 20 e 27 de maio e 10 e 17 de xuño en horario de 16:30 a 18:00 horas, vai enfocada a aprender a expresarnos con corrección, con claridade, mesmo en público, máis aló dun faladoiro de amigos e coñecidos. As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán realizarse presencialmente no propio centro, no teléfono 886110123 (de 16:00 a 20:00 horas) ou no correo electrónico c.b.s.baiona@xunta.gal.
Curso de comunicación oral no Centro Sociocomunitario de Baiona

