135 graduadas e graduados realizarán a súa formación na Área Sanitaria de Vigo

Cun acto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo deuse a benvida ás 135 persoas recentemente graduadas para desenvolver a súa formación e cursar a súa especialidade na Área Sanitaria de Vigo. Destas 135 persoas, 109 corresponden a facultativos en Medicina, e as 26 restantes, a residentes en Enfermería.

Distribución semellante ao ano pasado

A distribución destas e destes especialistas realizouse de maneira semellante ao ano pasado. Así, a especialidade que conta un maior número de residentes é Medicina Familiar e Comunitaria, cun total de 39 novas e novos residentes; o mesmo número que o ano pasado, que xa supuxo unha cifra récord no histórico da Área Sanitaria de Vigo naquel momento.

Así mesmo, 7 dos e das restantes facultativas residentes, desenvolverán a súa formación en Pediatría, mentres que 4 o farán en Anestesioloxía e Reanimación, repartíndose as e os restantes facultativos noutros servizos.

No que respecta á Enfermería, as 26 persoas que realizarán a súa formación a partir deste ano son 26 (21, en 2023), distribuíndose: 8 como matrón ou matrona, 4 en Pediatría e 2 en Saúde Mental. A maior parte destes e destas EIR farán a súa formación en Medicina Familiar e Comunitaria.