Kid’s & Us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento, dirixido a bebés e nenos de 0 a 3 anos, celebrarase o vindeiro sábado 11 de maio no Multiusos Mercado de Sabarís ás 12:30 horas. A entrada será gratuíta e libre ata completar o aforo.
Conto en inglés para bebés e nenos no Multiusos Mercado de Sabarís

