Sin categoría

Charlas ao alumnado de Secundaria de Nigrán e Baiona sobre as oportunidades laborais no sector do mar

O GALP da Ría de Vigo – A Guarda impartirá dende este martes unha serie de charlas dirixidas ao alumnado da ESO para ofrecerlles unha visión profesional do sector do mar, informándolles sobre as oportunidades e nichos de emprego existentes neste mercado.

As charlas se impartirán dende un punto de vista técnico e profesional, e a través das mesmas se darán a coñecer as saídas profesionais no sector do mar, poñeranse en valor os postos de traballo neste ámbito laboral, achegarase información sobre como e onde conseguir os carnés ou títulos para acceder a un posto/oficio no sector da pesca ou marisqueo, e potenciarase o coñecemento do GALP Ría de Vigo – A Guarda e as súas funcións no territorio, colaborando coas administracións locais na mellora das competencias da poboación.

As sesións se desenvolverán entre os días 7 e 24 de maio, seguindo este calendario:

IES DATA
IES Escolas Proval (Nigrán) 7 de maio de 12.50 a 14.30 h
IES Primeiro de marzo (Baiona) 13 de maio ás 13.10 h
IES As Barxas (Moaña) 14 de maio ás 10.40 h
IES Ricardo Mella (Vigo) 20 de maio ás 16.45 h
IES Coruxo (Vigo) 24 de maio ás 11.20 h