Audición e análise da sinfonía “Heroica” de Bethoveen no VII Ciclo de Conferencias de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 24 de agosto ás 20:30 horas a oitava charla do VII Ciclo de Conferencias organizado polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será o musicólogo Manuel López-Benito, que impartirá a charla “¿Por que a sinfonía “Heroica” de Beethoven cambiou o mundo sinfónico? Audición e análise”.

O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do Baiverán 2017, reúne a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas se celebran os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

O vindeiro día 31 pecharase o ciclo coa conferencia de Fernando Bartolomé Benito, catedrático de Literatura Española, con “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.