A parroquia gondomareña de Couso celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe dos Remedios. O programa previsto comezará o venres 10 de maio ás 22:00 horas cunha gran verbena a cargo da orquestra Miramar e DJ Ganxx. O sábado 11 ás 12:30 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Isidro, e pola noite, a partir das 22:00 horas, haberá verbena a cargo da orquestra La Oca Band e o grupo La Banda de Ayer. O domingo día 12 ás 13:15 horas celebrarase unha Misa Solemne con sermón seguida de procesión na honra da Virxe dos Remedios acompañada pola banda de música Unión Musical Val Miñor.
Couso celebra as festas da Virxe dos Remedios

