O Club de Clásicos e Populares Val Miñor organiza o vindeiro domingo 12 de maio a súa concentración anual. O evento comezará ás 9:00 da mañá coa recepción dos vehículos participantes na Praza do Concello de Gondomar, con chocolate e rosca. Ás 10:30 comezará o roteiro previsto con visita ao Museo do Automóbil Manolo Ferreira. Finalmente, celebrarase unha comida con sorteos para os participantes no Restaurante Manolo do Porriño. As inscricións xa están pechadas.
Concentración de vehículos clásicos en Gondomar

