Sin categoría

O Club Ximnasia Rítmica As Estelas pecha a fin de semana con catro medallas de ouro

O Club Ximnasia Rítmica As Estelas de Nigrán participou esta fin de semana no XI Torneo Club In Mare – X Intercentros en Marín e no XXV Trofeo San Xoán en Sanxenxo. No primeiro, disputado no Pavillón da Raña organizado polo Club InMare, participaron ximnastas de escolar e promoción, subindo todas elas ao máis alto do podio tras lograr senllas medallas de ouro os equipos de Alevín e Prebenxamín Escolar e Naia en Prebenxamín Promoción.

O segundo celebrouse no Pavillón de Deportes de Baltar en Portonovo organizado polo Club Saraiba E.D. Poio. As alevíns e prebenxamíns escolares do club miñorano, cun ouro e unha prata respectivamente, volveron a subirse ao podio defendendo os seus exercicios da mellor maneira posible e gozando na pista. Doutra banda, Leire en Alevín Escolar cun bronce e Elia en Prebenxamín Interescolar estreáronse por primeira vez na competición. O vindeiro domingo 12 de maio participarán na II Fase Provincial.