Os colexios e o instituto de Baiona unen forzas para abordar o acoso escolar

O día de hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día do Acoso Escolar, unha problemática que afecta á comunidade educativa. En Baiona, os colexios e o instituto uniron forzas para abordar este importante tema.

Como parte desta iniciativa, levouse a cabo unha conexión en directo no Salón de Actos de cada centro educativo para o visionado da estrea da canción “Xeración Alpha”, composta polo batería baionés Anxo Sotelo xunto co grupo 42°Norte en colaboración co produtor Pablo Leyenda, gravada e mesturada por Juaqui Fuentes baixo a dirección de Vicente Pedreira de “Samaín Produccións”.

Esta canción, que aborda o tema do bullying e o acoso escolar, presenta unha actitude de denuncia e comunidade fronte a esta problemática social e persoal.

A concelleira de Educación de Baiona, Nuria Leyenda Gómez, promoveu esta iniciativa xunto coa colaboración das direccións dos centros educativos, co obxectivo de concienciar aos estudantes sobre esta problemática para crear contornas seguras e libres de acoso, onde todos os membros da comunidade se sentan respectados e apoiados.

Con esta acción o Concello de Baiona únese á loita contra o acoso escolar e reflicte o seu compromiso de crear un ambiente inclusivo e empático para todos.