Sin categoría

Unha empresa de Baiona presenta o camper SUV máis completo, económico e innovador

Cíclope Camper, empresa do top 10 no sector dos vehículos camper en España, presentou hoxe o seu novo modelo, o MG ZS Cíclope, nun evento celebrado na súa sede de Sabarís en Baiona. O acto, que contou coa presenza de Rafael Lorenzo, CEO de Cíclope Camper, e un gran número de invitados, serviu para dar a coñecer as características e prestacións deste novo vehículo camper. Asistiron ao acto, Jesús Vázquez Almuiña, Alcalde de Baiona, e a súa concelleira de Turismo, Sheila González, tamén representantes do Consorcio de Zona de Franca de Vigo e de Zina Móvil, concesionario oficial MG en Galicia.

O MG ZS Cíclope destaca polo seu deseño compacto e funcional, que o converte na opción ideal para aqueles que buscan un vehículo versátil e cómodo para as súas escapadas. O vehículo conta cunha tenda de campaña pregable cun amplo espazo interior que pode aloxar comodamente a 2 adultos e 1 neno, e no maleteiro vén totalmente equipado con todo o necesario para gozar dunha experiencia camper completa, incluíndo neveira, sistema de batería de litio dual para 12V e 220V, depósito de augas limpas, vertedoiro, ducha exterior, inodoro, cociña totalmente equipada e un amplo espazo de almacenaxe.

Durante a presentación, Rafael Lorenzo destacou o compromiso de Cíclope Camper coa calidade, a innovación e a satisfacción do cliente. “O MG ZS Cíclope é un novo paso no noso compromiso por ofrecer aos nosos clientes vehículos camper da máis alta calidade ao mellor prezo”, afirmou Lorenzo. “Estamos seguros de que este novo modelo será un éxito entre os amantes da aventura, as escapadas de fin de semana e os festivais de verán”. O MG ZS Cíclope xa está dispoñible para a súa reserva na web de Cíclope Camper. O seu prezo inicial é de 21.680€.

Acerca de Cíclope Camper

Cíclope Camper é unha empresa con sede en Baiona dedicada ao deseño, fabricación e venda de vehículos camper. A empresa caracterízase polo seu compromiso coa calidade, a innovación e a satisfacción do cliente, ofrecendo unha ampla gama de vehículos camper para satisfacer as necesidades de todos os viaxeiros.