Sin categoría

O CPA Gondomar consegue un ouro e un bronce na modalidade de danza

Esta fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Patinaxe Artística de danza e parellas. O campionato celebrouse o venres e sábado no pazo municipal dos deportes de Arteixo. Participaron Joel Ribeiro en júnior masculino, conseguindo o ouro con 113,08 puntos, e Andrea López con 78,94, conseguindo o bronce na modalidade de sénior feminino.