Baiona será sede da fase previa do Campionato Galego de Fútbol Sala

A Federación Galega de Fútbol sala escolle Baiona como sede para a fase previa do Campionato Galego benxamín de fútbol sala. O acto de presentación contou coa presenza da concelleira de Deportes, Ana Iglesias, Julio Mougán, adestrador do Fútbol Sala de Vigo, Borja Arca, delegado da Federación Galega de Fútbol Sala en Vigo, e Daniel Álvarez e Álex González, coordinador e directivo do Baíña F.S.

Este evento deportivo, que se disputará o domingo 28 de abril no Pavillón de Deportes de Baiona, contará coa participación de oito equipos representantes de diferentes lugares de Galicia como Cidade de As Burgas F.S. de Ourense; ADC Lugo Sala Código Car de Lugo; Tecnopesca Marín Futsal de Pontevedra; Kompite Amor de Dios e o IES Coruxo F.S. de Vigo; Troula Betanzos F.S., O Esteo F.S. da Coruña e o A.D. Codima Ausum de Santiago de Compostela.

Os partidos comezarán a partir das 10:00 horas coa seguinte orde:

  • 10:00H: Kompite Amor de Dios- Tecnopesca Marín Futsal
  • 11:10H: O Esteo F.S.- A.D. Codima Ausum
  • 12:20H: Cidade de As Burgas F.S.-IES Coruxo F.S.
  • 13:30H: ADC Lugo Sala Código Car-Troula Betanzos F.S.

Os gañadores enfrontaranse en semifinais buscando un posto na final, que se disputará en maio noutra sede xunto coas do resto de categorías. Este evento conta coa colaboración do Baíña F.S. e o Concello de Baiona, demostrando así o compromiso conxunto por fomentar o deporte na localidade e promover a práctica do fútbol sala entre os máis novos.