Sin categoría

Turonia GFG festexa o seu VI aniversario esta fin de semana

O club de fútbol gaélico referente do Val Miñor continúa a espallar o deporte amateur. Nesta ocasión mediante unha intensa xornada de fútbol gaélico. Comezando cun torneo mixto ás 16:30 horas, seguido do I torneo valmiñorense de tiro a paus, rematando a tarde co I concurso de gorros e bufandas turoniáns feitos a man. Todo isto no campo Val de Martín, en Baredo, Baiona.

Despois, a festa continúa no Centro Cultural de Baredo, onde haberá sorteos, entrega de premios, espectáculo sorpresa e cea. Para máis información os interesados poden escribir ás redes sociais do club. A participación no evento está aberta a toda a veciñanza. Desde o club agradecen ao Concello de Baiona e o Centro Cultural de Baredo por darlle espazo e vida ao fútbol gaélico da comarca.