Investigan a un interno da Lama como presunto autor do homicidio dunha muller achada no Porriño

A Garda Civil investiga ao suposto autor do homicidio dunha muller achada no Porriño en novembro do pasado ano, cando foi localizado o seu corpo sen vida con evidentes signos de violencia no polígono da Gándara. Na inspección ocular levada a cabo recolléronse diferentes vestixios biolóxicos co fin de situar ao suposto autor no lugar dos feitos.

Desde entón, a Garda Civil da Comandancia de Pontevedra desenvolveu unha intensa investigación, xunto co Xulgado de Instrución número 3 do Porriño. O presunto autor cumpre condena en prisión desde o mes de decembro de 2023 como autor de roubos con intimidación e agresión sexual a mulleres.

Establecido un perfil do suposto autor, a investigación permitiu acreditar que o investigado estivo coa vítima durante a noite en que morreu de forma violenta. A investigación continua o seu curso á espera de novas actuacións entre elas os resultados de ADN, acordando a autoridade xudicial prisión provisional para o investigado.