O IES Val Miñor e o IES Primeiro de Marzo organizan a II Feira da Ciencia “Val de Miñor é Ciencia” o venres 19 de abril no Multiusos Mercado de Sabarís de Baiona. Despois do éxito da edición do ano pasado, esta II Feira de Ciencia amplía o seu horario. Desde as 9:30 ás 13:30 e desde as 16:30 ás 18:00, o alumnado de secundaria explicará en diversos stands diferentes fenómenos naturais. Ás 18:00 horas, alumnado de Bacharelato presentará os seus proxectos de investigación e ás 20:00 pechará a xornada Fernando Valladares, coñecido científico e divulgador que pronunciará unha conferencia titulada “Ciencia e activismo, o reto da xuventude ante o cambio global”.
A xornada estará aberta a todo o público que queira asistir, a entrada é gratuíta ata completar o aforo. Como na súa edición anterior, nesta II Feira colaboran os Concellos de Baiona e Nigrán. O obxectivo desta iniciativa, en palabras dos seus promotores, é “promover e espertar vocacións científicas no seu alumnado e na sociedade, así como realizar un labor de concienciación na importancia do papel que a ciencia debe cumprir na sociedade como garantía dunha mellor dos recursos naturais”.

