Sin categoría

O I Trofeo de Acrobática reúne en Gondomar a 161 ximnastas de toda Galicia

Este domingo, o club gondomareño de ximnasia acrobática, Gondomar Acro Club, organizou o primeiro campionato de ximnasia acrobática, no cal participaron un total de 161 ximnastas dos clubs galegos Escola Ximnasia Burgas de Ourense, Club Ximnasia Rítmica Compostela de Santiago, Club Flic Flac de Vigo e Acro Club Nigrán de Nigrán.

“Levaba un par de anos querendo organizar un campionato en Gondomar, este ano temos o nacional en Tenerife e decidín dar o paso por e para as familias do club xa que no devandito evento aproveitamos para recadar fondos. O Concello apoiounos en todo o que lle propoñiamos e as familias implicáronse moitísimo conseguindo colaboradores dos comercios da zona. Soamente teño palabras de agradecemento para todos eles e por suposto, tamén debo mencionar ás miñas compañeiras Naiara e Noelia que son as miñas ás para voar cara aos soños. Aínda estou de resaca emocional, xa que non soamente superamos unha boa organización do evento senón que, a nivel deportivo conseguimos 11 medallas das 12 posibles. Isto cárganos de enerxía para seguir mellorando para as futuras competicións”, comenta a directora deportiva Cristina Castro.

Resultados:

En competición Escolar quedaron clasificados de 3º

Categoría Benxamín Escolar:

  • Trío feminino: Chloe Fernández, Alba Martínez e Sara Domínguez, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Uxía Vázquez, Irene Zink e Nahir García, medalla de Prata.
  • Cuarteto feminino: Olivia Costas, Aria Velasco, Valle Velasco e Sofía Couto, medalla de Bronce.
  • Parella feminina: Bimna Martínez e Lía Freiría, 4ª posición.
  • Parella feminina: Irene Figueroa e Jana Martínez, medalla de Prata.

En competición Base quedaron clasificados de º

Categoría Alevín Base:

  • Trío feminino: Carla Albores, Candela Alonso e Ana Muíños, medalla de Prata.

Categoría Infantil Base:

  • Parella feminina: Martina Aramburu e Paula Alonso, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Ariana Pérez, Carmen Alonso e Gabriela Sánchez, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Ainoa Fernández, Ángela Casás e Jimena Méndez, medalla de Prata.

Categoría Cadete Base:

  • Trío feminino: Helena Veiga, Nerea Gallego e Vera Fernández, medalla de Prata.
  • Trío feminino: Inés Román, Aroa Araujo e Lara Cabral, medalla de Bronce.
  • Parella feminina: María Fernández e Alejandra Pérez, medalla de Prata.