Sin categoría

Sexta xornada da liga galega de xadrez para o Laroca

Volve a liga galega de xadrez, dispútase a sexta ronda, unha vez rematados os campionatos galegos de xadrez disputados na localidade de Padrón, na que o laroqueiro Breixo Álvarez rematou no posto oitavo con 6 puntos a tan só un punto do campión, o mestre internacional Diego Guerra do Círculo Ferrolán. Outro representante miñorán do club de xadrez Mos, Mauro Costas, rematou no noveno posto con 5,5 puntos.

Na primeira división o equipo do xadrez Laroca A-Nigrán enfróntase en Cotros ao equipo santiagués do Algalia, equipo que está situado na segunda posición, mentres que os locais están situados na décima posición.

Na segunda división o equipo do Laroca B-Nigrán enfróntase en Nigrán ao equipo tudense de Miss Matilde Tui, que ocupa a derradeira praza mentres os miñoráns ocupan a cuarta praza.

O Laroca C-Nigrán tamén disputará o seu encontro na casa ante o Club de xadrez Mos E, que ocupa a quinta praza pola onceava dos laroqueiros.

Na terceira división o Laroca D-Nigrán enfrontarase na casa ao equipo tudense do Liceo Casino Tui-Xadrez Tui B, que ocupa a sétima praza pola quinta dos miñoráns.