Sin categoría

Porco ao espeto en bocadillos en Vilariño

A Comisión de Festas de Vilariño servirá este sábado día 6 de abril porco ao espeto en bocadillos. A festa gastronómica será, se hai bo tempo, no Convento de Vilariño, pola contra, no Colexio Carlos Casares, a partir das 19:00 horas. Os bocadillos serán en pan de barra (non en bolo) a 4,5 euros. Tamén haberá filloas, empanadillas a 3 euros e petisco de tortilla por 3,5 euros.