A Piscina Mancomunada do Val Miñor, xestionada por Serviocio, anima a todo o mundo a lograr os seus obxectivos fitness para este verán. Abril é o momento perfecto e o bo tempo comeza a facer a súa aparición. O verán está ao virar a esquina e é o momento de adestrar para alcanzar as metas tras os meses invernais.
Para axudar a conseguir este obxectivo, a Piscina Mancomunada do Val Miñor puxo en marcha a nova campaña “Llega el verano, ponte en forma: Prepláyate!”. Unha mensaxe que incentiva a comezar un estilo de vida saudable de fronte ao verán e estar en forma para as vacacións estivais.
A matrícula será a custo cero durante este mes de abril para os novos socios que queiran acudir ás súas instalacións. Para máis información sobre esta promoción pódese consultar a web http://www.serviocio.es/preplayate.
Piscinas, sala fitness, sauna e baño de vapor son algunhas das zonas deste centro deportivo. Esta variedade permite que todos atopen o deporte que mellor se adapte a cada un. Nestes espazos desenvólvense multitude de actividades dirixidas como ciclo indoor, core, funtional ou pilates. Dispón tamén de servizos adaptados aos máis pequenos como a escola de natación.

