Nigrán ofrece unha excursión de maiores a Padrón

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 5 de abril de 9:30 a 12:30 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o domingo 14 de abril nunha excursión a Padrón (A Coruña), onde se celebra un dos mercados dominicais máis concorridos de Galicia xa desde a Idade Media (por iso se realiza a excursión neste día). O prezo é de 25 €/persoa e inclúe transporte, visita á feira, comida no restaurante Scala (empanada, pescada á romana con cachelos e ensalada, tenreira asada, sobremesa e bebidas) e baile no mesmo lugar ata as 18:00 horas. A excursión está destinada á veciñanza xubilada empadroada en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata un máximo de 2 inscritos/persoa e ata esgotarse as prazas dispoñibles.