Sin categoría

O Cupón da ONCE deixa 20.000 euros en Gondomar

O Cupón da ONCE repartiu na provincia de Pontevedra un total de 180.000 euros nos sorteos dos días 27 e 30 de marzo.

En Lalín, o Cupón Diario do 27 de marzo repartiu 140.000 euros en catro cupóns premiados con 35.000 euros cada un. A vendedora da ONCE María del Camino Ouviña San Martin levou a sorte a Lalín con estes 140.000 euros que repartiu desde o seu punto de venda situado na Praza do Concello, número 1.

Pola súa banda, o Cupón Fin de semana do sábado 30 de marzo, deixou 20.000 euros en Vigo, de mans da vendedora Pilar Correa Solla, con punto de venda no Centro Comercial Vialia. Este mesmo sorteo deixou outros 20.000 euros en Gondomar, grazas ao vendedor Eduardo Diego Senra, con punto de venda na rúa Eduardo Iglesias, número 1 e en roteiro pola devandita localidade.

Os cupóns da ONCE comercialízanse polos máis de 20.000 vendedores e vendedoras da Organización. Ademais, pódense adquirir desde http://www.juegosonce.es, e en establecementos colaboradores autorizados.