Sin categoría

Gran Churrascada en Baredo

A Comisión de Festas de Baredo organiza o vindeiro domingo 7 de abril unha comida popular con gran churrascada. Ás 13:00 horas celebrarase unha Misa Solemne cantada por Adela, seguida de procesión acompañada por un grupo de gaitas. Ás 14:00 horas comezará a comida. O menú, cun prezo de 20 euros para os adultos e de 12 euros para os nenos de 6 a 12 anos, inclúe empanada, tortilla, churrasco mixto, bebida, pan, sobremesa, café e chopos. Haberá inchables gratis para os máis pequenos, e ás 18:00 horas, bingo social para entreter a tarde. Venda de tickets anticipada no Centro Cultural de Baredo ou no teléfono 627059054 (polas tardes).