Sin categoría

O mellor plan para a chuvia: o bingo do Baíña Fútbol Sala

Un venres máis o Baíña Fútbol Sala celebra o seu bingo social na Casa de Montes de Baíña. Con inicio ás 22:00 horas, ademais do bingo cóntase cunha zona de xogos para os menores de idade con torneos de futbolín e xogos de mesa. O club anima a toda a cidadanía a protexerse da chuvia no seu bingo, colaborando así tamén a que máis de 150 deportistas poidan xogar por toda Galicia.