Anuncios
Ticker de novas

O Baiverán ofrece este luns a película “Guardianes de la Galaxia Vol. 2”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 13 de agosto proxectarase a película “Guardianes de la Galaxia Vol. 2”, ás 23:00 horas na Praza do Concello. Continúan as aventuras do equipo na súa travesía polos confíns do cosmos. Os Gardiáns deberán loitar para manter unida á súa nova familia mentres tentan resolver o misterio das verdadeiras orixes de Peter Quill. Vellos rivais converteranse en novos aliados, e queridos personaxes dos cómics clásicos acudirán en axuda dos nosos heroes a medida que o universo cinematográfico de Marvel continúa expandíndose.

Anuncios