Gondomar mostra a súa devoción a San Bieito

A Igrexa Parroquial de Gondomar celebra este xoves a Romaría de San Bieito “de inverno”. Na primeira misa, que deu comezo ás sete da mañá, os primeiros devotos de San Bieito comezaron a facer acto de presenza, sobre unhas oitenta persoas aproximadamente. Xa na seguinte misa este número triplicouse e así sucesivamente ata a solemne, que se celebrou ao mediodía cunhas cincocentas persoas, presidida por Luis Pose Regueiro, licenciado en Historia da Igrexa, cunha tese sobre Cristóbal Colón, primeiro evanxelizador de América, e seguida de procesión. A última misa matinal deu comezo á unha da tarde para unhas cen persoas. As misas continuarán na xornada vespertina a partires das cinco e media.