A Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa organiza o vindeiro sábado 23 de marzo o seu I Roteiro Cabalar. O programa previsto comezará ás 9:00 da mañá cun café. Ás 10:00 será a saída, con bocadillo a medio roteiro e sesión vermú. Ao finalizar celebrarase unha comida, á que se pode asistir sen necesidade de participar no roteiro dacabalo. O menú, cun prezo de 15 euros, incluirá callos, sobremesa, café e chopo. Os que só queiran bocadillo deberán abonar 5 euros, e bocadillo e comida serán 20 euros. Para facer a dixestión, sesión de tarde con Prossy. Reservas no teléfono 670062264.
A Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa organiza o seu primeiro roteiro cabalar

