Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil intensifica a vixilancia do Camiño de Santiago

As Xefaturas Provinciais de Tráfico de Galicia, en coordinación co Sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, deseñaron unha serie de dípticos informativos destinados mellorar a seguridade viaria dos miles de peregrinos que durante as datas estivais percorrerán os diversos tramos do camiño de Santiago na Comunidade Autónoma.

Neste sentido, nos últimos días e especialmente durante as xornadas dos días 20, 21 e 22 de xuño, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil repartiron entre os peregrinos os folletos informativos. E aconsellaron aos peóns e ciclistas sobre as medidas de seguridade que deben adoptar para evitar riscos viarios no seu desprazamento Santiago.

Na provincia de Pontevedra, as patrullas do Subsector dispersáronse polos diferentes puntos conflitivos do Camiño, que son: N-550 entre Tui e Porriño, o camiño portugués da costa entre A Guarda e Baiona, Redondela, Arcade e Figueirido, a EP-0002 en Tomeza, a PO-225 o cruzamento de Alba e a N-550 cruzamento de Carracedo. Pola súa banda, os efectivos do Destacamento de Lalin, vixiaron Dozón, e a Xesta en Lalín.

Os dípticos entregados polos motoristas da Agrupación de Tráfico informan, entre outras cousas, sobre a necesidade de facerse ver usando pezas e elementos reflectores, dos lugares e formas de transitar pola calzada, da imposibilidade de conducir unha bicicleta utilizando simultaneamente o teléfono móbil ou cascos auriculares ou da obrigatoriedade do uso do casco os ciclos en todas as vías interurbanas.

2018-06-26 - tumblr_inline_paxkv6xqUT1v3fntx_1280

Anuncios