A Comisión de Festas do Bo Xesús de Priegue organiza unhas xornadas gastronómicas onde os protagonistas serán os callos, aínda que tamén haberá polbo e churrasco a prezos populares. O evento gastronómico dará comezo o sábado 23 de marzo ás 12:00 horas, no recinto do Torreiro de Priegue, e terminará o domingo 24 de marzo ás 00:00 horas.
O programa festivo inclúe feira de artesanía, atraccións para os máis pequenos da casa, sorteo durante as xornadas, un concurso de karaoke o sábado ás 20:00 horas (con premios ás tres mellores actuacións), a actuación do artista local Prosy o domingo ás 15:30 horas, e máis sorpresas.
Este será o pistoletazo de saída ao programa de eventos que ten preparado a Comisión de Festas Priegue 2024 para os próximos meses e que irán anunciando proximamente.

