Sin categoría

Os bingos de O Carme Baiona pasan a ser os sábados durante o mes de marzo

Os bingos de O Carme Baiona pasan a celebrarse os sábados 16, 23 e 30 de marzo. Serán á mesma hora e no mesmo espazo, ás 22:00 horas no Liceo Marítimo de Baiona.

Con motivo do mes da Semana Santa, O Carme Baiona e o Liceo acordaron mover as datas neste mes aos sábados para evitar ter que cancelar a sesión do venres 30 de marzo, que cadra con Venres Santo. Os demais días foron tamén acordados coa directiva do Liceo por motivos de axenda e pola ocupación da sala nos días que deberían celebrarse os bingos.

A Asociación O Carme segue a agradecer o papel dos hostaleiros e comerciantes de Baiona e Ramallosa, que seguen a confiar na súa labor. Cada mes son máis, contan cos seguintes negocios colaboradores:

Chévere Droguerías, Milar Electrodomésticos, Aire Salón de Belleza, Electrogayfer, Restaurante Naveira, Deportes GOL, Atleet Dorna, Herboristería Hierbabuena, Joyería Royfe, Mariña Castro Barber Shop, Fotografía y Video Rosa V.S., Óculos Óptica, Central Park Baiona, Barber Shop Rose´s, Agasallo Complementos, Cousiñas Baiona, Loterías A de Sabas, Loterías Geli, Más Que Belleza, Kopena Camos Panadería, Olé Íntimo, Corchete Lencería, Los Tejanos, Pescadería José Sabarís, Avicolor Pinturas Proa Baiona, Pescadería Recio, Restaurante Abrente, Peluquería Xalobe, Peluquería C&M, Bellma Moda, Moda Rafiki, La Huella Zapatería, Tu Vestidor Moda, Joyería Gema, A pé Podoloxía, Daquí e Dacolá (Praza de Abastos de Baiona), Royal Celtic Bay, Parador de Baiona, Glamping do Mar e Liceo Marítimo.