A exposición da campaña 8M “A igualdade é a razón” xa circula polos colexios de Baiona. Trátase dunha campaña de reivindicación dos dereitos das mulleres en distintos ámbitos realizada en colaboración coa Asociación Jumelages (irmandamento) da vila de Pornic na que participan mulleres de ambos os dous municipios. Ademais dun vídeo do proxecto “8M, a igualdade é a razón” inclúe unha exposición fotográfica de Irene Silva de todas as mulleres participantes. Desde este luns e ata o 15 de marzo estará no CEIP de Fontes-Baíña; do 18 ao 23 de marzo no CEP de Sabarís; do 2 ao 5 de abril no CEIP de Belesar; e do 8 ao 12 de abril no CPI de Cova Terreña.
A exposición da campaña 8M “A igualdade é a razón” xa circula polos colexios de Baiona


