Sin categoría

O gondomareño Julián Martínez proclámase subcampión galego de Triplo Salto en pista cuberta

O gondomareño Julián Martínez Olvera, de Vilaza e atleta da Sociedade Atlética Val Miñor, proclamouse este sábado subcampión de Galicia na categoría Sub-14 (Infantil) de pista cuberta, actualmente denominada Short Track, na proba de Triplo Salto. Tras realizar un concurso inmaculado, sen cometer ningún nulo nos seus catro intentos, fíxose co subcampionato e a medalla de prata, cun mellor salto de 9.64 metros, mellorando ostensiblemente a súa mellor marca anterior na devandita proba.

Ata este Campionato de Galicia, ademais de Julián, desprazáronse e participado un total de oito atletas da Sociedade Atlética Val Miñor: Ana, Carlota, Belén, Manuel, Brais, Hugo e Izan. Todos eles melloraron as súas marcas persoais nas probas nas que tomaron parte, polo que foi unha xornada moi gratificante de atletismo para a Sociedade Atlética Val Miñor, que segue formando a novos atletas da nosa contorna, en diferentes disciplinas que aglutina o atletismo.